Palabras de ida e volta

Tira da páxina mandoulle un correo a María Reimóndez para comentarlle que estabamos a ler o seu libro e que nos estaba a gustar moito. Ela tivo a amabilidade de contestarnos así:
ola ana e integrantes do club de lectura:

moitas grazas polo teu/voso correo, que me chega sempre cunhas semanas de atraso polo sistema de envíos da biblioteca virtual. alédame moito saber que estades lendo usha e que vos está gustando. para min é un pracer ver que os libros se manteñen vivos grazas ás persoas, sobre todo mozas, que dedican tempo a ler. porque ler contribúe tamén a facer un mundo mellor, porque fai que nos poñamos na pel allea e pensemos sobre o mundo a través doutros ollos, que era o que pretendía eu con usha, traspasar a miña experiencia de traballo e vida na India ás mozas e mozos da miña terra e da miña lingua. por iso espero que sigades lendo moitos libros, sobre todo en galego, que vos abran os ollos a tantas cousas e vos permitan viaxar sen vos mover do sitio! graciñas por compartir o que escribo e espero atoparvos novamente nas páxinas, creando un mundo mellor entre todas e todos.

moitas apertas

maría reimóndez
Que bonito, verdade? Moitas grazas a María polo seu cálido saúdo e polas súas palabras!

No hay comentarios:

Publicar un comentario