O curso chega ao seu fin

O curso chega ao seu fin e comezan as vacacións de verán, un tempo preciosísimo para ir á praia, saír coa familia, compartir cos amigos, andar sen présa. Ademais o verán é un tempo ideal para a lectura: un libro sempre connosco que se encha de area, que se roce coa herba, que se dobre co vento, que se gaste co uso.

A última sesión do club foi fermosa e rebuldeira. Houbo comentarios sobre La emperatriz de los etéreos, marcapáxinas lindísimos (agasallo da última Xornada de Clubs de Lectura celebrada en Santiago), pinciñas multicolores e moitos caramelos para o noso fin de festa.

Grazas a todos os membros do club polo voso entusiasmo, pois semana a semana fixéchedes real iso de que ler é un pracer e grazas a todos os colaboradores, de maneira especial ao mestre Miguel, que compartiu connosco moitas sesións.
Pasade un moi bo verán!

No hay comentarios:

Publicar un comentario