La ley de la calle

As pandillas marcando territorio...

La ley de la calle foi escrito pola escritora estadounidense Susan E. Hinton (Tulsa, Oklahoma, 1950). Cando tiña 17 anos acadou a fama co seu libro Rebeldes, que sería traducido inmeditamente a moitos idiomas e convertido en película por Francis Ford Coppola. La ley de la calle, a súa segunda obra, tamén foi levada ao cine por Coppola, obtendo un éxito semellante á anterior. Outras obras desta autora son Tex e Esto ya es otra historia.
A acción de La ley de la calle desenvólvese nos suburbios dunha cidade estadounidense, onde Rusty James, o protagonista, intenta defender a súa posición como líder do grupo nun mundo de pandillas e pelexas e con añoranza dun tempo que xa non existe. Rusty James admira profundamente ao Chico da Moto, un personaxe enigmático, ao que quere parecerse.

Quen dixo medo?

Tira da páxina decidiu homenaxear o mestre do terror Edgar Allan Poe no bicentenario do seu nacemento (1809-1849), deixándolle un lugar privilexiado no seu espazo da biblioteca escolar.


Se te atreves a ler algúns dos seus contos...pincha aquí:

Quen dixo medo?
Siniestras amadas, Jack Mircala
Tres cuentos de Poe en b/n, Xavier Besse
El gato negro y otros cuentos, Luis Scafati (ilustrador)

Xunto coas obras de Poe, tamén poderás atopar na estantería obras de terror doutros autores que te producirán...calafríos...

Coraline, Neil Gaiman
Los mitos de Cthulhu , H. P. Lovecraft e outros autores
A volta do parafuso, Henry James

Charla-coloquio

Con motivo do Mes das Letras (abril-maio 2009), os membros de Tira da páxina deron unha charla aos seus compañeiros de 1ESOA para falarlles do club e contarlles o que facían nas sesións. Reunidos en círculo na biblioteca escolar, foron un por un desgranando todos os secretos desta nosa asociación: quen somos, por que Tira da páxina, onde nos reunimos, cando, que facemos, que libros limos... O coloquio rematou coa entrega dunhas enquisas preparadas por Carla para coñecer, por unha banda, a súa opinión e por outra, para saber se alguén se quería unir ao club. O fin de festa foron uns caramelos, a parte máis doce da actividade!


Grazas a esta actividade, Tira da páxina conta agora con catro novos membros: Paloma, Sara, Melanie e Pablo. A familia medra!

Expositor de cómics

O noso espazo da biblioteca énchese agora de moreas de cómics. A lectura de A mansión dos Pampín abriunos o apetito!
Estes son algúns dos cómics que podedes atopar na biblioteca escolar:




Maus, Art Spiegelman

La montaña mágica, Jiro Taniguchi

Calvin y Hobbes, Bill Watterson



Quiéreme bien. Unha historia de maltrato, Rosalind B. Penfold

Os lobos de Moeche, Manel Cráneo

De profundis, Miguelanxo Prado

Os amigos de Archimboldo Roque, Jacobo Fernández

A mansión dos Pampín

Esta casa é unha ruina!

Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) é un dos autores españois máis respetados internacionalmente, sendo a súa obra de maior repercusión a multipremiada Trazo de Tiza (1992). Afeccionado á pintura e á lectura dende novo, Miguelanxo Prado descubriu o cómic e interesouse polo medio aos 20 anos (impresionado por autores como Moebius e Sergio Toppi), abandoou os estudios de arquitectura e decide adicarse profesionalmente á historieta, iniciando unha traxectoria nas revistas de cómics para adultos dos 80, publicando tamén no semanario de cómic de humor El Jueves. Durante os 90 deseña personaxes para TV (como o Xabarín para a TVG ou a serie de animación de Men in Black producida por Steven Spielberg). Dende 1998 é tamén director de Viñetas desde o Atlántico, o Salón de Cómica que se celebra cada verán na Coruña. En 2003 foi escollido por Neil Gaiman para participar na novela gráfica colectiva The Sandman: Endless Nights. En 2005 realiza a súa primeira incursión no mundo do cine con De profundis.

A mansión dos Pampín (2005) foi un álbum de encargo enmarcado dentro da iniciativa "Proxecto Terra". Trátase dun proxecto do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia que presenta materiais en diferentes soportes e formatos para promover a incorporación da arquitectura na Educación Secundaria. [Info: http://www.guiadelcomic.com/autores/miguelanxo-prado.htm]


Palabras de ida e volta

Tira da páxina mandoulle un correo a María Reimóndez para comentarlle que estabamos a ler o seu libro e que nos estaba a gustar moito. Ela tivo a amabilidade de contestarnos así:
ola ana e integrantes do club de lectura:

moitas grazas polo teu/voso correo, que me chega sempre cunhas semanas de atraso polo sistema de envíos da biblioteca virtual. alédame moito saber que estades lendo usha e que vos está gustando. para min é un pracer ver que os libros se manteñen vivos grazas ás persoas, sobre todo mozas, que dedican tempo a ler. porque ler contribúe tamén a facer un mundo mellor, porque fai que nos poñamos na pel allea e pensemos sobre o mundo a través doutros ollos, que era o que pretendía eu con usha, traspasar a miña experiencia de traballo e vida na India ás mozas e mozos da miña terra e da miña lingua. por iso espero que sigades lendo moitos libros, sobre todo en galego, que vos abran os ollos a tantas cousas e vos permitan viaxar sen vos mover do sitio! graciñas por compartir o que escribo e espero atoparvos novamente nas páxinas, creando un mundo mellor entre todas e todos.

moitas apertas

maría reimóndez
Que bonito, verdade? Moitas grazas a María polo seu cálido saúdo e polas súas palabras!

Unha viaxe dan man de Usha


Na lectura de Usha contamos cunha colaboración marabillosa, a profesora de música, Susana Suárez, visitounos un día cunha proposta moi divertida.

Púxonos unha canción india e invitounos a botar a cabeza para atrás e pechar os ollos. Mentres escoitábamos a música, foinos guiando coa súa voz polo ceo, por entre as nubes, ata aterrar en India; de pronto, vímonos envoltos en olores e cores que non sentiramos endexamáis. O espertar foi lento, porque a viaxe foi moi fermosa.

Susana falounos tamén dun instrumento tradicional, o sitar. Aquí podedes ver á intérprete Anoushka Shankar co instrumento:

E aquí podedes escoitala, fixádevos ben no son! Non é fantástico?http://www.youtube.com/watch?v=BgCpkduEQ7U

Grazas, Susana!