
Con motivo do
Mes das Letras (abril-maio 2009), os membros de
Tira da páxina deron unha charla aos seus compañeiros de 1ESOA para falarlles do club e contarlles o que facían nas sesións.


Reunidos en círculo na
biblioteca escolar, foron un por un desgranando todos os secretos desta nosa asociación: quen somos, por que
Tira da páxina, onde nos reunimos, cando, que facemos, que libros limos... O coloquio rematou coa entrega dunhas enquisas preparadas por Carla para coñecer, por unha banda, a súa opinión e por outra, para saber se alguén se quería unir ao club. O fin de festa foron uns
caramelos, a parte máis doce da actividade!

Grazas a esta actividade, Tira da páxina conta agora con catro novos membros: Paloma, Sara, Melanie e Pablo. A familia medra!
No hay comentarios:
Publicar un comentario