As pandillas marcando territorio...La ley de la calle
As pandillas marcando territorio...Quen dixo medo?

Xunto coas obras de Poe, tamén poderás atopar na estantería obras de terror doutros autores que te producirán...calafríos...


Charla-coloquio
Con motivo do Mes das Letras (abril-maio 2009), os membros de Tira da páxina deron unha charla aos seus compañeiros de 1ESOA para falarlles do club e contarlles o que facían nas sesións. 
Reunidos en círculo na biblioteca escolar, foron un por un desgranando todos os secretos desta nosa asociación: quen somos, por que Tira da páxina, onde nos reunimos, cando, que facemos, que libros limos... O coloquio rematou coa entrega dunhas enquisas preparadas por Carla para coñecer, por unha banda, a súa opinión e por outra, para saber se alguén se quería unir ao club. O fin de festa foron uns caramelos, a parte máis doce da actividade!

Grazas a esta actividade, Tira da páxina conta agora con catro novos membros: Paloma, Sara, Melanie e Pablo. A familia medra!
Expositor de cómics
Estes son algúns dos cómics que podedes atopar na biblioteca escolar:

A mansión dos Pampín

Palabras de ida e volta
Tira da páxina mandoulle un correo a María Reimóndez para comentarlle que estabamos a ler o seu libro e que nos estaba a gustar moito. Ela tivo a amabilidade de contestarnos así:moitas grazas polo teu/voso correo, que me chega sempre cunhas semanas de atraso polo sistema de envíos da biblioteca virtual. alédame moito saber que estades lendo usha e que vos está gustando. para min é un pracer ver que os libros se manteñen vivos grazas ás persoas, sobre todo mozas, que dedican tempo a ler. porque ler contribúe tamén a facer un mundo mellor, porque fai que nos poñamos na pel allea e pensemos sobre o mundo a través doutros ollos, que era o que pretendía eu con usha, traspasar a miña experiencia de traballo e vida na India ás mozas e mozos da miña terra e da miña lingua. por iso espero que sigades lendo moitos libros, sobre todo en galego, que vos abran os ollos a tantas cousas e vos permitan viaxar sen vos mover do sitio! graciñas por compartir o que escribo e espero atoparvos novamente nas páxinas, creando un mundo mellor entre todas e todos.
moitas apertas
maría reimóndez
Unha viaxe dan man de Usha


E aquí podedes escoitala, fixádevos ben no son! Non é fantástico?http://www.youtube.com/watch?v=BgCpkduEQ7U
Grazas, Susana!
Usha

Pum-pum! Cando abrimos a porta, Usha entrou ao club diretamente da India. E sentou entre nós, abriu o bote de chuches e púxose a contar.

Libros de misterio
A primeira exposición é de Libros de misterio e detectives. O espírito de Tökland márcanos o camiño!




O caleidoscopio de Tökland
Unha das probas que teñen que pasar os aventureiros que se adentran no laberinto é a proba do caleidoscopio.Benvidos a Tökland!
Comezou a traballar cedo e colaborou con distintas editoriais. Viaxou a París para estudar teatro e a o seu regreso publicou o seu primeiro libro, Escenarios fantásticos (1979), que conseguiu o Premio da CCEI. Un ano despois, o seu libro El misterio de la isla de Tökland (1981) obtivo o Premio Lazarillo de creación literaria e figurou na Lista de Honor do Premio Andersen. Foi comparado polos críticos con autores como J.R.R. Tolkien y C.S. Lewis, e consagrou a o seu autor como o máximo expoñente da tendencia fantástica dentro da literatura infantil. A súa seguinte obra, Leyendas del planeta Thamyris (1982), foi declarada en 1983 Libro de Interese Infantil polo Ministerio de Cultura. Con El museo de los sueños (1984) obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Por La noche del eclipse (1990) foi galardoado co Premio Gran Angular. La voz de madrugada recibiu o Premio Edebé en 1995. Tamén ten conseguido en dúas ocasións o Premio Barco de Vapor.
Un extravagante científico anuncia a posta en marcha dun inquietante concurso que se desenvolverá na perdida illa de Tökland. Quen será o aventureiro que logrará chegar ao centro do laberinto? Ese ser completo que o consiga recibirá un suculento premio. A ese difícil reto súmase xente variopinta, xente brillante en diferentes áreas: deporte, historia, ciencia...Pero cada un deles termina retirándose...ou desaparecendo. Só a forza dun grupo conseguirá desentrañar o misterio da illa...o misterio da illa de Tökland.


