Usha


Pum-pum! Cando abrimos a porta, Usha entrou ao club diretamente da India. E sentou entre nós, abriu o bote de chuches e púxose a contar.

María Reimóndez Meilán naceu en Lugo e é tradutora e intéprete de profesión. O seu primeiro libro publicado é Moda Galega (Edicións Positivas, 2002) e no ano 2003 recibiu o premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo con O Caderno de Bitácora (Edicións Positivas 2004). Malia a esta incursión recente no panorama literario, María Reimóndez leva escribindo desde que tiña 6 anos, recibiu premios durante a súa mocidade (Rúa Nova, Minerva), é autora de varias obras de teatro e participou en distintos recitais poéticos. Na actualidade colabora con artigos de opinión no xornal A Nosa Terra e a plataforma dixital Vieiros. Igualmente forma parte do grupo de investigación Feminario de Investigación: Feminismos e Resistencias (Teorías e Prácticas) da Universidade de Vigo, onde realiza a súa tese sobre a interacción do Feminismo, Poscolonialismo e a Traducción. María Reimóndez leva traballando en cooperación desde o ano 1994, cando realiza a súa primeira visita a un proxecto de desenvolvemento na India. Despois de novas visitas, principalmente de formación e participación en diversos proxectos, todos na India, funda a ONG Implicadas/os No Desenvolvemento que leva traballando na India desde o ano 1998 e desde 2003 en Etiopía en proxectos de desenvolvemento integral cun claro compromiso pola superación da discriminación de xénero como base do desenvolvemento perdurable. María Reimóndez é tamén fundadora e secretaria da Asociación Galega de Profesionais da Traducción e da Interpretación. [Info: http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=MarReim%F31&alias=&solapa=biografia]


Usha chámase en realidade Uxía, é unha rapaza galega que vive coa súa nai na India, perto de Bangalore. Alí vai á escola, fala canarés, xoga coa súa mellor amiga e tamén bota en falta aos seus avós, que están na Galiza. A través dos ollos de Usha, a diversidade cultural e lingüística da India achégase un pouquichiño a nós.

O libro de Usha conta ademáis cunhas magníficas ilustracións de Iván Sende.

No hay comentarios:

Publicar un comentario