Cortamos a banda!

Un club de lectura é un grupo de persoas unidas pola afección á lectura. Un club de lectura é un grupo de persoas que se reúnen para compartir o pracer de abrir un libro e somerxerse nas súas páxinas.
O club de lectura do instituto de Carril chámase Tira da páxina e abre as súas portas por primeira vez neste curso 2008-2009.
O primeiro grupo lector está formado por seis rapazas e un rapaz de 1ESOA. Son Uxía, Marta, Carla, Raquel, Cecilia, Charo e Aarón. Arriba esa primeira xeración de tirareiros!
Para sentarte á nosa mesa só tes que traspasar a entrada principal do instituto; coller cara a esquerda; pasar a cafetería de Luly e a biblioteca; xa estás a ver a aula de debuxo, agora viras á dereita e... xa está! Ves unha porta azul? Peta! Máis forte! ...ADIANTE!

No hay comentarios:

Publicar un comentario