Benvidos a Tökland!


Un saúdo e unha illa como punto de partida.

El misterio de la isla de Tökland, de Joan Manuel Gisbert, é a primeira lectura do club. Este autor catalán (Barcelona, 1949) é un dos grandes expoñentes da literatura infantil e xuvenil do país.

Comezou a traballar cedo e colaborou con distintas editoriais. Viaxou a París para estudar teatro e a o seu regreso publicou o seu primeiro libro, Escenarios fantásticos (1979), que conseguiu o Premio da CCEI. Un ano despois, o seu libro El misterio de la isla de Tökland (1981) obtivo o Premio Lazarillo de creación literaria e figurou na Lista de Honor do Premio Andersen. Foi comparado polos críticos con autores como J.R.R. Tolkien y C.S. Lewis, e consagrou a o seu autor como o máximo expoñente da tendencia fantástica dentro da literatura infantil. A súa seguinte obra, Leyendas del planeta Thamyris (1982), foi declarada en 1983 Libro de Interese Infantil polo Ministerio de Cultura. Con El museo de los sueños (1984) obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Por La noche del eclipse (1990) foi galardoado co Premio Gran Angular. La voz de madrugada recibiu o Premio Edebé en 1995. Tamén ten conseguido en dúas ocasións o Premio Barco de Vapor.
Nas súas obras, Gisbert desenvolve aventuras que parten da vida cotiá, da que tamén forman parte os soños, para adentrarse no descoñecido. Joan Manuel Gisbert traballa tamén como asesor editorial, imparte cursos sobre a imaxinación fantástica e participa con frecuencia en xornadas e encontros sobre literatura infantil. Realizou tamén guións para televisión.

Algúns dos seus últimos títulos son: Los caminos del miedo (2000), El mensaje de los pájaros (2001, Premio Barco de Vapor), El talismán que vino por el aire (2004), Algo despierta en secreto (2006) ou El bosque de los desaparecidos (2007). [Info: http://es.wikipedia.org/wiki/Joan_Manuel_Gisbert]

Un extravagante científico anuncia a posta en marcha dun inquietante concurso que se desenvolverá na perdida illa de Tökland. Quen será o aventureiro que logrará chegar ao centro do laberinto? Ese ser completo que o consiga recibirá un suculento premio. A ese difícil reto súmase xente variopinta, xente brillante en diferentes áreas: deporte, historia, ciencia...Pero cada un deles termina retirándose...ou desaparecendo. Só a forza dun grupo conseguirá desentrañar o misterio da illa...o misterio da illa de Tökland.


No hay comentarios:

Publicar un comentario